QUEN SOMOS

luns 04 febreiro 2013

Induagro Consulting é un despacho de enxeñería que está formada por un equipo multidisciplinar cunha traxectoria de mais de 20 anos e con dedicación maioritaria a enxeñería e subvencións (fundamentalmente nos campos agrícola e de industrias agroalimentarias). Contamos polo tanto con gran experiencia na tramitación de axudas e enxeñería vinculada ao sector agrario, primario e de transformación. Somos máis que representativos en trámites de subvencións ante a Consellería do Medio Rural, sección de industrias agrarias, e tamén ante o Igape, Agader, Dirección Xeral de Montes e outras Consellerías.


Intentamos asesorar ao cliente ante calquera iniciativa que se nos formule canalizando os expedientes a través das convocatorias de axuda que se consideren máis axeitadas en cada caso, así como o apoio cos empréstitos do IGAPE, cos créditos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), cos créditos ICO, e estudando as compatibilidades con outras liñas de subvención.


É sabido que en moitos casos os expedientes de subvención levan consigo a necesidade de enxeñaría para obter os rexistros ou licenzas debidas. Contamos igualmente con grande experiencia en materia de Urbanismo, en boa parte por situarse os proxectos en cualificacións de solo rústico ou solo de núcleo rural, medio en que se move maioritariamente o asentamento dos nosos clientes.


O noso campo foise ampliando chegando a realizar traballos e proxectos moi diversos, reunindo para iso un equipo profesional de ampla capacidade, entre equipo propio e colaboradores directos, contando con enxeñeiros técnicos agrícolas, industriais e forestais, enxeñeiros de camiños, arquitectos, arqueólogos, biólogos, topógrafos, etc.


Os campos mais traballados actualmente son o de industrias agrarias en xeral (cárnicas, lácteas, adegas, horta, panificadoras, etc.) así como o de explotacións agrarias e gandeiras en xeral, parcelacións de terreos, informes urbanísticos e proxectos de ordenación.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado